Máis vale tarde que nunca, din por ai; así que despois dun mes enclaustrado na casa preparando o último exame da carreira, este finde tocou saír a quitar as telarañas.
Coincidindo con que se daban as condicións axeitadas (olas de merda e frio de pelotas), este finde organizamos a clásica kedada anual cos colegas de ZonaBodyboard.
Este ano non fomos demasiados (caeuse moita xente a última hora) e non saquei demasiadas fotos (que tamén me ten que tocar surfear a min de vez en cando) pero non faltaron os míticos compoñentes propios dun evento tan ilustre; e decir: churrasco, cerveza, máis cerveza, máis cerveza ainda, petardos, poucas horas de sono, kilómetros dando voltas absurdas en busca de olas, máis petardos, máis churrasco e máis petardos.
Todo isto aderezado con un par de sesións e coa novidade de que houbo un día que conseguimos dormir oito horas (definitivamente, estamos abuelos, jejeje).
Un ano máis, confírmase como algo a repetir e confiemos en que a próxima vez sexa en algún mes sen risco de hipotermia xD
lunes 30 de enero de 2012
Inaugurando 2012
martes 27 de diciembre de 2011
Y nos dieron las diez y las once...
A seguinte entrada a meter no blog quería que tratase das olas impresionantes que iba coller esta semana de vacas na Mariña pero como está visto que a realidade ten máis que ver con estar pechado na casa estudiando e bastante menos con andar de jarana coa tabla, pois tocará tirar outra vez de fotos vellas...
Esta vez son dunha kedada "full-finde" que nos marcamos fai tempo. Un sabado e un domingo cheos de solete, olas bastante pasables, campamento rumano montado a base de furgonetas, reggae, cerveza fría, churrasco e bos colegas.
Xa non recordo nin cantos fomos ese finde pero, ata donde podo ver, andaban por alí Borja, Nolo, Marcos, Zipi, Brandán, Carlos aka "Pollito" aka "Mr. Ostia da Tarde", Jota, Emilio, Gon, Xenrre e, aínda que non salga nas fotos, extráñame que non estivese tamén Bruno. Fijo que me deixo a alguén... :S
O sabado, como mandan os estándares, había que cebarse a surfear ata non poder máis así que uns cantos quedaron na auga ata que se fixo de noite (o que explica que unha boa parte das fotos teñan maís ruido que unha tele sen sintonizar).
Aí quedan as fotucas (para variar, sen procesar por vagancia...)

Suscribirse a:
Entradas (Atom)